Blog Image
Jun 30, 2025
by admin

SOGOCO afianza a súa presenza en Marín, porto clave para a flota internacional

Hai apenas dous meses que comezamos a operar no portode Marín, e a experiencia non puido ser máis positiva. En SOGOCO, unha axenciaconsignataria con sede en Vigo, sabíamos que este enclave eraestratéxico tanto pola súa actividade pesqueira como polas súas infraestruturase o prestixio que ten no sector marítimo, tanto a nivel nacional comointernacional.

Desde os nosos inicios, apostamos por ofrecer aosarmadores un servizo boutique: personalizado, próximo e dispoñible as 24horas do día, os 7 días da semana. Como ben di o noso socio fundador, JuanGoicoechea:

“Coidamos á xente do mar como se merece.Traballamos sen reloxo, porque o mar non entende de horarios.”

A nosa axencia consignataria estáespecializada en prestar servizos integrais que abranguen moito máis ca aatención básica a buques. En Marín, igual que en Vigo, levamos a cabotarefas que inclúen a intermediación en contratos de fletamento, o transportemarítimo, a subministración de combustibles e lubricantes, a estiba e desestibade mercadorías, ademais da importación e exportación de produtos, sempre coa máximaeficiencia e dedicación.

Marín, un porto que mira ao mundo

A elección de Marín como segundo porto operativonon foi casual. A súa cercanía a Vigo e o seu peso dentro do sector da pescae da actividade comercial fan del un punto clave para o noso plan de expansión.

“Moitos barcos veñen cada catro ou cinco anos aMarín para revisións, porque saben que aquí as reparacións son un seguro”, sinalaGoicoechea.

Marín destaca pola súa gran capacidade loxística,polos seus frigoríficos e, sobre todo, pola calidade dos seus asteleiros. É un portoen crecemento, e dende SOGOCO estamos encantados de formar parte activadese desenvolvemento.

Un nome que xa viaxa polo mundo

A nosa presenza xa se está facendo notar taménfóra de Galicia. Nos últimos meses, SOGOCO participou en feirasinternacionais como Seafood Barcelona ou Expomaritt ExposhippingEstambul, representando tanto os intereses da nosa axencia como os dosportos galegos. Nesas citas, destacamos o papel de Marín e Vigo comoreferentes para a flota internacional.

E isto é só o comezo: cada vez temos máis demandanoutros portos galegos como Burela, Ribeira ou A Pobra do Caramiñal, o queconfirma que o noso modelo de traballo ten percorrido e futuro.